Friday 03 de May de 2024

A 9ª xornada micolóxicca as setas da Laracha celebrarase o domingo 30 de outubro


O programa inclúe unha saída guiada para a recollida de cogomelos, obradoiro de identificación e clasificación das setas e charla micolóxica.

O Concello organiza a novena edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha que se celebrará o domingo día 30 de outubro. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración de Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 9:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 11:30 h regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes. A xornada finalizará coa charla informativa Curiosidades do reino fungi que ofrecerá Raquel Poncini a partir das 12:30 h na Casa da Cultura.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha xa está aberto. Apuntarse é gratuíto e pode facer en liña cubrindo o formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais, ou tamén acudindo ou chamando ao Concello. A proposta vai dirixida a todos os públicos.